Trameve, Centro Autorizado de Tratamento.

O teu coche acompañoute durante gran parte da túa vida. Chegou o momento de renovalo e reciclalo.

Cando un coche sofre un accidente ou simplemente cando se acaba a súa vida útil para circular, non se tira ao “lixo” sen máis. Do mesmo xeito que depositamos os nosos residuos nos colectores amarelos, verdes ou azuis, os coches deposítanse, como establece a normativa, en Centros Autorizados de Tratamento (CAT), como Trameve.

Mecánico Trameve

Tratamento ambiental

Trameve tramita de maneira telemática a baixa no rexistro de vehículos, e entón iníciase o proceso de tratamento ambiental.

O proceso de tratamento ambiental.

En primeiro lugar, o vehículo descontamínase mediante a extración de todos os elementos perigosos para o medio ambiente.

No seguinte paso desmóntanse as pezas que poden ser utilizadas na reparación doutros vehículos (pneumáticos, líquidos, cristais, etc.)

Tras o seu paso por Trameve, o vehículo envíase a unha instalación de fragmentación, onde por medio de distintas tecnoloxías de separación recupéranse os distintos materiais para ser reciclados.