Trameve somos un centro especial de emprego de iniciativa social dedicado ao tratamento medioambiental de vehículos fóra de uso (VFU). Pertencemos a Galega de Economía Social, matriz do grupo de empresas de COGAMI Empresarial, que aposta por un modelo de negocio que demostra que a rendibilidade económica, ambiental e social é posible.

Axenda 2030

O compromiso coa sostibilidade non é unha opción, senón unha necesidade. En Trameve recoñecemos que o progreso social, o equilibrio ambiental e o crecemento económico están conectados e deben avanzar xuntos. Por iso, esforzámonos por contribuír ao logro dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) para construír un mundo mellor.

Mecánico Trameve

O medio ambiente

Minimizamos o impacto no medio ambiente optimizando a eficiencia dos procesos, metodoloxías e produtos a través da innovación.

Apostamos pola diversidade como fonte de riqueza. Cremos nas capacidades de todas as persoas. Máis do 92% das persoas do noso equipo teñen discapacidade.