Tratamento Medioambiental de vehículos,TRAMEVE, centro especial de emprego, a través da integración laboral das persoas con discapacidade, leva a cabo o tratamento de vehículos fóra de uso, o almacenamento e venda de vehículos e repostos de segunda man.
Trameve creou unha nova liña de negocio dedicada á comercialización de vehículos seminovos e garantidos, de baixa antigüidade e pouco quilometraxe, baixo a marca comercial CUALICAR. Ten un punto de venda físico de localización estratéxica e persoal comercial específico, aspirando a ser, nun futuro, outro Centro Especial de Emprego independente.
A organización comprométese a conducir as súas actividades, instalacións, servizos e produtos de alta calidade e competitivos dentro do sector asegurando que cumpran os requisitos e necesidades dos clientes. Busca a mellora continua dos procesos para previr e corrixir as causas de posibles problemas que poidan dar lugar a produtos ou servizos non conformes.
A alta dirección asume a responsabilidade de seguir mantendo e actualizando o Sistema Integrado de Xestión de acordo cos requisitos establecidos nas normas ISO 9001 y ISO 14001, nas súas edicións vixentes, comprometéndose a:
- Promover, en toda a organización, un enfoque ao cliente e partes interesadas para coñecer as súas necesidades e cumprir os requisitos requiridos.
- Ser responsables e sostibles co medio ambiente para previr a contaminación e reducir os seus impactos negativos na contorna.
- Contribuír activa e voluntariamente á sostibilidade ética e persoal da sociedade integrando a persoas con discapacidade no mundo laboral. As persoas traballadoras reciben unha formación e cualificación necesaria para un eficaz desempeño, en condicións seguras de traballo.
- Cumprir os requisitos legais que lle apliquen, así como outros requisitos aos que se someta voluntariamente.
- Formar e capacitar a todas as súas persoas traballadoras para que sexan conscientes das súas responsabilidades respecto á calidade dos procesos dos que forman parte.
- Facer seguimento anual dos obxectivos asociados aos procesos clave que permitan implantar accións correctivas buscando sempre a mellora continua para asegurar así a sostibilidade e futuro da empresa.
A alta dirección comunica a política a todas as partes interesadas. Lidera e promove o seu cumprimento dentro da organización.