424
Vehículos fóra de uso (VFU) xestionados
Trameve, un exemplo de economía circular.
De igual modo que se recicla unha botella de cristal, unha bolsa de plástico ou unha caixa de cartón, tamén se reciclan as diferentes partes dun coche cando este chega ao final da súa vida útil. Un proceso co que coidar o planeta dando unha nova vida e diferentes usos a eses compoñentes que aínda poden ser usados.
Desta forma, deixamos de lado o modelo de produción e consumo lineal, para dar paso a un sistema de economía circular.
Un modelo que favorece á sociedade e ao medio ambiente porque permite reciclar e evitar residuos do vehículo na entulleira, conseguindo que o valor dos produtos e materiais se manteñan ao longo dos anos.
Todos aqueles recambios que poidan recibir unha segunda vida son vendidos por Trameve. Pezas como os espellos, retrovisores, as lamias ou mesmo o propio motor. Así non se destrúen senón que axudan a outras persoas para renovar compoñentes dos seus propios coches a un menor custo.
Ata o momento recuperamos e reciclamos máis de 90.000 pezas, e xestionamos máis de 450 toneladas de residuos.
424
Vehículos fóra de uso (VFU) xestionados
11.019
Pezas vendidas
478
Toneladas de residuos non perigosos xestionados
6,5
Toneladas residuos perigosos xestionados